A Feira do Libro regresará a Ourense do 18 ao 21 de xuño

OurenseXa
Como cada ano, arredor dunha decena de librarías instalaranse no centro da cidade con descontos para os clientes
Feira do Libro en Ourense
Feira do Libro, Ourense
22 Apr 2025

A Feira do Libro de Ourense xa ten datas de celebración. Será do 18 ao 21 de xuño e, como cada ano, contará coa participación de arredor dunha decena de librarías.

Previamente, este mércores 23 de abril celebrarase o Día do Libro, onde un total de 10 librarías instalarán as súas carpas na rúa do Paseo cun desconto do 10% para os e as lectoras, que se estenderá tamén polas librarías de toda a provincia. Ademais, por cada libro, os clientes recibirán un clavel.

Respecto á Feira, aínda non se coñece a localización, xa que o ano pasado viuse obrigada a abandonar a súa tradicional localización na rúa do Paseo e a trasladarse ao Paque de San Lázaro, onde se instalaron os postos participantes. A razón deste cambio foi a decisión tomada polo alcalde hai aproximadamente un ano de autorizar más feiras no Paseo, alegando que este tipo de eventos, coa instalación de expositores a pé de rúa, ocasionaban prexuízos en materia de visibilidade e accesibilidade aos comercios existentes, ao tránsito peonil e á entrada de vehículos a garaxes e a espazos de carga e descarga.

Porén, tendo en conta que o Día do Libro si se celebrará no Paseo, cabe esperar que a Feira regrese a esta céntrica rúa, recuperando a súa tradicional localización.

⚙ Configurar cookies
0.13339805603027