A Feira EmpregoInCampus reuniu a máis de 400 estudantes
A Feira EmpregoInCampus celebrou este xoves a súa segunda edición, consolidándose como a cita de referencia anual do emprego no campus de Ourense. Nesta última edición, máis de 400 alumnos puideron coñecer de primeira man as oportunidades de desenvolvemento profesional que lles ofrecen arredor de 70 entidades públicas e privadas de diversos sectores e contactar directamente con elas.
A actividade, que se desenvolveu no pavillón de deportes universitario, estivo organizada pola Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo co apoio da Vicerreitoría do campus de Ourense e das súas escolas e facultades. Contou con 42 stands, dez mostradores informativos de institucións e unha zona específica na que alumnado da Escola Superior de Enxeñaría Informática puido realizar entrevistas persoais con 25 empresas.
Den de a UVigo destacan que a listaxe de entidades participantes na feira foi moi diversa e o estudantado puido achegarse a postos de empresas e organizacións de sectores vinculados ás diferentes titulacións que se imparten no campus ourensán, desde a alimentación e a enxeñaría ata asociacións de diferentes eidos e centros tecnolóxicos. Igualmente participaron institucións como a Xunta de Galicia, o Inorde (Deputación de Ourense), a Axencia Tributaria e o Ministerio de Defensa. Tamén houbo un espazo específico da Área de Emprego e Emprendemento da UVigo no que o estudantado tiña a posibilidade de facer o seu Pasaporte de Emprego, recibir consellos sobre como mellorar o currículo e afrontar entrevistas e mesmo facerse unha foto profesional para o seu curriculum.
A vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da Universidade de Vigo, Natalia Capirrini, destacou a boa acollida desta edición por parte das entidades. “Moitas repiten do ano pasado e outras son novas incorporacións”, sinalae. Ademáis, destaca tamén o interese do alumnado en esta feira, onde máis de 400 estudantes inscribíronse nesta edición. A eso hai que sumarle tamén o estudantado que se achegou por libre. Sobre a relevancia da cita, a vicerreitora subliñou a importancia de que o alumnado, “antes de rematar a carreira, xa coñeza o que lle van a pedir as empresas, para que se poidan ir preparando para cando se teñan que incorporar ao mercado laboral”. Ademais, engadiu, a iniciativa ofrécelle ás empresas “a posibilidade de captar talento universitario”, apuntando que o contacto xurdido nestas feiras da UVigo en moitas ocasións se ten materializado en oportunidades laborais para as e os estudantes.
Do mesmo xeito, Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, recalcou que “é moi importante para o desenvolvemento do noso alumnado achegalo ao mercado laboral a través de iniciativas coma esta”. O cambio do mundo académico ao laboral que teñen que afrontar en cuarto curso, indicou, “custa moito e esta feira pode axudarlles a dar ese salto do mellor xeito posible”.