Universidade
As tres universidades galegas e o Sergas activan un protocolo común para reforzar o apoio psicolóxico ao estudantado
A Xunta, o Sergas e as universidades da Coruña, Santiago e Vigo establecen un marco común para mellorar a prevención, a detección temperá e a continuidade da atención
Comeza en Ourense o proceso para avaliar a renovación da especialización do Campus Auga
Un comité externo revisa durante dúas xornadas o traballo desenvolvido entre 2024 e 2026 para decidir se se revalida o recoñecemento do campus como centro especializado do sistema universitario galego
Un equipo ourensá representa á UVigo na Formula Student UK-Artificial Intelligence cun proxecto desenvolvido ao longo do curso
O equipo do campus de Ourense, integrado por case 40 estudantes, compite na cun sistema de condución autónoma para coches eléctricos
A UVigo abre a convocatoria da oitava edición dos premios do Campus Auga
O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto ata o 31 de xullo e os galardóns repartirán un total de 12.000 euros en diferentes modalidades
A Universidade de Vigo inicia unha nova campaña arqueolóxica na Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán
Os traballos, que se desenvolverán ata o 23 de xullo, buscan afondar no coñecemento das primeiras comunidades campesiñas do noroeste peninsular
A UVigo impulsa unha nova unidade de investigación para mellorar a sostibilidade e a calidade na avicultura de carne
O proxecto conta coa colaboración de Coren, Sertogal e a Xunta de Galicia
A Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense impulsa un programa universitario centrado no liderado social
O proxecto busca promover a xustiza social, a igualdade de oportunidades, o compromiso ético cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e a sostibilidade
O Campus de Ourense acolle a mostra 'Elas Crean'
A exposición propón un percorrido pola traxectoria de creadoras de ámbitos como as artes plásticas, a fotografía, o audiovisual e o deseño
Ourense e Lugo acollerán en xuño un congreso internacional de referencia sobre cerámica antiga
O encontro reunirá investigadoras e investigadores de España e Portugal para presentar novas achegas sobre a produción, distribución e consumo de cerámicas antigas nos territorios atlánticos da península ibérica
O director do programa Base Lunar da NASA, Carlos García-Galán, dará unha conferencia no campus de Ourense
Será o 19 de xuño e está aberta tanto ao estudantado universitario como ao alumnado de ensinanzas non universitarias (ESO, Bacharelato e Formación Profesional), así como ao profesorado interesado
Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da UVigo
García Mateo dirixirá a institución académica viguesa ata o ano 2032 nun único mandato de seis anos de duración
O campus de Ourense celebrou o seu primeiro Torneo Robótico da Escola Superior de Enxeñaría Informática
A cita reuniu sete equipos, formados por catro estudantes cada un, que competiron con robots deseñados, montados e programados por eles mesmos ao longo da súa formación
Pedro Blanco destaca en Ourense o papel da economía social como resposta ao reto demográfico
O delegado do Goberno en Galicia participou esta mañá no seminario internacional de Emprego Sostible celebrado no campus de Ourense
A feira EmpregoInCampus achega as oportunidades laborais ao estudando do campus de Ourense
A feira, organizada pola Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo co apoio da Vicerreitoría, reuniu no pavillón de deportes universitario a arredor de 70 entidades públicas e privadas
Ourense acolle as XXIII Xornadas Interxeracionais de ATEGAL promovendo o encontro entre persoas de todas as idades
A cita conta coa colaboración do alumnado da facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense
A UVigo, AFAOR e a Fundación Dorzán impulsan a formación na atención de persoas con Alzheimer en Ourense
As tres entidades puxeron fin a un novo curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzheimer no que se formaron 20 profesionais
Máis de 1.200 escolares ourensáns participaron este curso nas xornadas de portas abertas do Campus de Ourense
Durante as visitas, mozos e mozas de toda a provincia coñeceron as instalacións, aulas e laboratorios, así como proxectos de investigación que se están a levar a cabo nas distintas facultades
Eventos
Ourense acolleu a presentación dun proxecto europeo sobre rehabilitación de edificios mediante robótica avanzada
Trátase de ‘Radiance’, un proxecto liderado pola UVigo e que conta cun orzamento de catro millóns de euros
Ourense acollerá o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia
Será os días 22 e 23 de setembro no Campus e contará coa participación de persoas de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional
O Campus de Ourense acolleu a presentación do novo número da Revista Galega de Educación
A publicación rende homenaxe a Filgueira Valverde e á radio escolar
Estudantes de Enxeñaría da USC de Lugo visitan o Centro de Control da CHMS en Ourense
Os alumnos puideron comprobar de primeira man o desenvolvemento do traballo diario no CECU, así como as operacións que permiten xestionar a cunca do Miño-Sil
O campus de Ourense abre as inscricións para a primeira ruta cultural de 2026
Será este sábado e os participantes poderán coñecer as fragas dos ríos Calvo e Deva, na Cañiza
Ourense e Portugal avanzan na creación dun futuro laboratorio ibérico en ciencias alimentarias
Trátase do Iberian FoodTec Lab, unha proposta deseñada dende Instituto Politécnico de Bragança e o Campus de Ourense que pretende converterse nun referente transfronteirizo en investigación alimentaria
O campus de Ourense presenta cinco novas rutas culturais para o segundo cuadrimestre
Os percorridos pasarán por lugares como as Fragas do río Calvo e río Deva, na Cañiza, Lobios, San Mamede, o Castro de Baroña e o sendeiro do río Gorgua, en Padrenda.










