A Festa da Empanada regresa a Allariz os días 16, 17 e 18 de agosto

OurenseXa
Música, deportes, concertos e, por suposto, empanada centrarán as actividades para a edición deste 2024
Presentación da Festa da Empanada de Allariz
5 Ago 2024

Allariz prepárase para unha nova edición da "Festa da Empanada", que terá lugar do 16 ao 18 de agosto de 2024. Para este evento, o Concello de Allariz ten preparada unha programación variada e entretida para todos os públicos. Na mañá de hoxe Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, e os concelleiros de Cultura e Deportes, Alberto Conde e Carlos Puga presentaron a programación para esta edición.

A programación, explica a alcaldesa está chea de actividades para todos os públicos e para todas as idades. Música, deportes, concertos e, por suposto, empanada centrarán as actividades para a edición deste 2024.

Entre as actividades máis destacadas está o Campionato da Billarda que se celebra cada ano. Debido a gran afluencia de inscritos e por temas de espazo, o Concello informa de que este terá lugar os días previos á Festa. O campionato contará con varios grupos: infantís, xuvenís e senior masculina e senior feminina. As previas dos equipos senior comezarán hoxe, día 5 de agosto, e rematarán o 9 de agosto. As competicións infantís e xuvenís serán o 14 de agosto a partir das 11:0 horas, mentres que os finalistas senior, tanto masculino coma feminino xogarán as finais o 14 de agosto a partir das 19:00 horas. Todas as competicións realizaranse no Campo da Barreira.

Programación completa da Festa da Empanada:

Venres, 16 de agosto

  • 23:00 horas: Xornadas de Folclore na Barreira. Unha noite dedicada á música e á danza tradicional galega.

Sábado, 17 de agosto

  • 18:00 horas: Tríatlon Vila de Allariz na Alameda, unha oportunidade para os amantes do deporte.
  • 21:00 horas: Xornada Gastronómica con degustación da empanada de Allariz, nos Xardíns do Museo do Coiro.
  • 22:30 horas: Concerto de Brinkadelia Troupe nos Xardíns do Museo do Coiro.
  • 00:00 horas: Discomóbil Apocalipsis, coa sesión do DJ Castro, tamén nos Xardíns do Museo do Coiro.

Domingo, 18 de agosto

  • 11:00 horas: Pasarrúas coa Banda Unión Musical de Allariz.
  • 11:00 horas: Regata Provincial de Piragüismo no embarcadoiro da Alameda.
  • 12:00 horas: Desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañado polo grupo de gaitas De Pé Feito, dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.
  • 13:00 horas: Concerto no Campo de Vilanova da Banda Unión Musical de Allariz.
  • 18:30 horas: Presentación do equipo C.D. Allariz, que xogará contra o Sporting Celanova C.F.
  • 19:30 horas: Concerto de De Ninghures no Campo de Vilanova.
  • 21:00 horas: Baile Popular co Grupo Tattoo nos Xardíns do Museo do Coiro.
  • 00:00 horas: Verbena amenizada pola mesma orquestra nos Xardíns do Museo do Coiro.
0.19943404197693