A Festa do Boi de Allariz continúa esta fin de semana cunha decena de actividades
									OurenseXa								
			Allariz está a acoller desde o pasado sábado, 25 de maio, a tradicional Festa do Boi, que entra na súa recta final esta fin de semana
 					
					
1 Jun 2024
			
				Durante os 9 días que dura a festa desenvolverse máis de 50 actividades no municipio ourensán, con moita música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as saídas do boi, que centran a programación festiva.
A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 600 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi.
Actividades para o sábado, 1 de xuño
- 12.00 horas. Carreira infantil do Boi
 - 12.30 horas. Pasarrúas coa charanga Sugarri e treboada dos Zes Pereiros
 - 13.30 horas. Saída do Boi
 - 19.00 horas. Pasarrúas coa charanga Sugarri e treboada dos Zes Pereiros
 - 19.45 horas. Encontro de charangas no Eiró
 - 00.00 horas. Verbena na Barraeira co grupo Fusión
 - 00.30 horas. Ruada polo casco histórico, coa charanga Achicoria
 
Actividades para o domingo, 2 de xuño
- 13.00 horas. Pasarrúas da charanga Sugarri e os Zes Pereiros
 - 18.00 horas. Pasarrúas da charanga Sugarri e os Zes Pereiros
 - 19.00 horas. Saída dos Boi
 - 20.30 horas. Despedida do Xan de Arzúa e traslado ata a casa do Boi na compaña de Murga Achicoria