A Festa dos Maios de Ourense podería cambiar de localización debido á choiva

OurenseXa
As actividades levaranse a cabo na Praza Maior e Santa Eufemia, mentres que a Feira de Antigüidades podería trasladarse á Alameda
maios_ourense
2 May 2025

Debido á previsión de choiva para este domingo, 4 de maio, as actividades pola Festa dos Maios de Ourense organizadas polo Concello poderían ser na Praza Maior e Santa Eufemia, mentres que a Feira de Antigüidades podería trasladarse á Alameda.

O programa arrancará ás 11.00 horas coa exhibición dos maios que participan no concurso convocado polo Concello. A mesma hora comezará un obradoiro de confección de coroas e peiteados, que durará ata as 18.00 horas.

Ás 11.30 horas haberá unha ruada cos cabezudos e xigantes con música tradicional e ás 12.00 horas será o canto de coplas.

O programa continuará pola tarde coa entrega de premios do concurso de coplas e maios, e o canto das mellores cantigas na Praza Maior, ás 19.00 horas, e ás 19.30 horas Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre darán un concerto tamén na Praza Maior.

⚙ Configurar cookies
0.16206693649292