A ForGA organiza en Ourense un curso para formar orientadores na inserción laboral de persoas con discapacidade

A Fundación para a Orientación Profesional de Galicia (ForGA) organiza en Ourense un curso gratuíto dirixido a formar orientadores especializados na inserción laboral de persoas con discapacidade.
O curso impartirase no mes de febreiro e desde a fundación destacan que conta cunha boa taxa de emprego entre quen o completan. Ademais, tamén é válido para sumar puntos en procesos de selección de persoal no ámbito da orientación laboral. Os participantes recibirán formación en prevención de riscos laborais e realizarán prácticas en empresas para adquirir experiencia.
Hai un máximo de 15 prazas dispoñibles e as inscricións poden facerse a través da páxina web de ForGA. Para poder participar, o único requisito é estar inscrito como demandante de emprego e contar co título de Bacharelato.