A función ‘Os dous de sempre’ chega á Casa da Cultura de Allariz

Este sábado 20 de decembro, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo ‘Os dous de sempre’ a cargo de Mofa & Befa, unha comedia irreverente e chea de humor que forma parte do programa de actividades de Nadal organizado polo Concello.
A función comezará ás 20:00 horas e está dirixida ao público adulto. As entradas poden adquirirse na Casa da Cultura, cun prezo de 2 euros para quen dispoña da tarxeta de cidadán, e 3 euros para o resto.
O espectáculo conta coa participación de Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto, con dramaturxia de Carme Varela e dirección de Quico Cadaval.