A función 'Síbaris', protagonizada por Carlos Blanco, chega ao Teatro Principal de Ourense

OurenseXa
A obra está dirixida por Lois Blanco e protagonizada por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa
teatro_principal_ourense_2
Patio de butacas do Teatro Principal de Ourense
6 Xuño 2024

O Teatro Principal de Ourense acolle este xoves, 6 de xuño a función Síbaris, baseada na novela de Domingo Villar. A obra está dirixida por Lois Blanco e o elenco está formado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa.

Sinopse

Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris convertérase na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímalle a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do soado autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos acaba nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo. Cando a vida dos Morel parece afundirse no desconsuelo, Laura atopa unha saída.

Síbaris é a primeira obra de teatro escrita por Domingo Villar, autor de recoñecido prestixio das letras galegas, cuxas obras están traducidas a varios idiomas e foron adaptadas ao cinema xa a televisión.

0.20096611976624