A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas lanza a unha nova edición das Bolsas de Posgrao

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A convocatoria está dirixida a persoas tituladas universitarias que cumpran os requisitos detallados nas bases, entre os que se inclúen a vinculación con Galicia
bolsas-posgrado-caixa-rural-notario-vacas
21 Mar 2026

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas anuncia a apertura da V Edición das Bolsas de Posgrao, unha convocatoria destinada a apoiar a formación especializada de mozos e mozas titulados universitarios que desexen ampliar a súa preparación académica en centros de reconocido prestixio, tanto en España como no estranxeiro.

Estas bolsas teñen como finalidade promover a excelencia académica, impulsar a especialización en áreas estratéxicas e contribuír ao desenvolvemento profesional do talento novo, poñendo especial atención no compromiso con Galicia, tal e como recollen as bases da convocatoria. As bolsas estarán dotadas cun máximo de 40.000 euros, destinados a cubrir estudos oficiais de máster ou tese doutoral en centros de recoñecido prestixio, tanto nacionais como internacionais.

A convocatoria está dirixida a persoas tituladas universitarias que cumpran os requisitos detallados nas bases, entre os que se inclúen a vinculación con Galicia, a acreditación académica e a admisión no centro de destino. A inscrición debe realizarse exclusivamente a través do apartado “Convocatorias” da web da Fundación: https://fundacioncruralnotario.gal/convocatorias/

Obxectivos da V Edición de Bolsas de Posgrao

  • Fomentar a especialización académica de mozos e mozas tituladas universitarios.
  • Facilitar o acceso a estudos de alto nivel en centros e universidades de referencia.
  • Promover o desenvolvemento do talento con capacidade de impacto no tecido profesional galego. • Impulsar oportunidades de formación avanzada en diversas áreas disciplinares.
  • Reforzar o compromiso coa excelencia, a educación e o crecemento social e económico de Galicia. Con esta quinta edición, a Fundación renova o seu compromiso co talento, a formación continua e o impulso de oportunidades que permitan ás persoas novas acceder a estudos de alta cualificación, favorecendo o seu futuro profesional e contribuíndo ao progreso colectivo.

A Fundación nace co firme propósito de contribuír a que a nosa terra sexa cada día un lugar mellor, cuxa finalidade será promover a investigación e a educación, prestando atención especial ao sector agroalimentario e forestal, e tratando de que quen impulse este coñecemento poidan apoiarse nunha situación que lles poida facilitar medios necesarios para conseguilo.

0.13804793357849