A Fundación Curros Enríquez entrega o seu certificado de fidelidade ao Colexio Maristas de Ourense

OurenseXa
A institución entrega un certificado de recoñecemento aos centros que repiten visita cada cinco anos desde a apertura da Casa dos Poetas en 2006
maristas-visita-celanova
Alumnado dos Maristas de Ourense durante unha visita a Celanova
9 Oct 2025

A Fundación Curros Enríquez continúa reforzando o seu papel como referente cultural e educativo en Galicia grazas ao seu programa de visitas escolares, centrado na figura dos escritores locais e no patrimonio de Celanova. Entre os meses de febreiro e xuño, a Casa dos Poetas acolle numerosos grupos de estudantes procedentes de distintos puntos da comunidade, participando nun itinerario cultural e literario que combina actividades didácticas e visitas a lugares emblemáticos da localidade.

Cada ano, decenas de centros educativos visitan as instalacións xestionadas pola Fundación, cunha media de 2.000 estudantes. Como mostra de agradecemento pola súa fidelidade, a institución entrega un certificado de recoñecemento aos centros que repiten visita cada cinco anos desde a apertura da Casa dos Poetas en 2006.

Esta semana foi o turno do Colegio Maristas de Ourense, que recibiu o certificado de agradecemento “por su fidelidad a Celanova y en particular a los escritores del pueblo”. Durante a súa visita, os alumnos participaron nun xogo de pistas na Casa dos Poetas e percorreron outros lugares destacados como o Mosteiro de San Salvador e a biblioteca do IES Celanova CEF, completando un percorrido que combina aprendizaxe e goce do patrimonio local.

⚙ Configurar cookies
0.074826955795288