A Fundación Otero Pedrayo pechará a próxima semana o prazo para presentarse ao premio anual para estudantes de ESO, FP e Bacharelato

A Fundación Otero Pedrayo pechará o próximo 10 de febreiro o prazo para participar no seu Premio Anual dirixido a estudantes de ESO, ciclos formativos e Bacharelato.
Este concurso invita aos mozos a presentar traballos relacionados coa vida ou a obra de Ramón Otero Pedrayo, podendo incluír análise literaria, recreacións teatrais, obras escritas no seu estilo, vídeos ou traballos artísticos inspirados na súa figura. Os traballos deben estar escritos en galego e poden ser individuais ou en grupo.
A Fundación lembra que para calquera consulta está dispoñible o correo fundacion.otero.pedrayo@gmail.com
e anima a consultar traballos de edicións anteriores no seu canal de YouTube.
O premio conta co apoio da Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral da Lingua.