A Fundación Renal celebra o Día Mundial do Ril en Ourense

OurenseXa
Profesionais da Fundación, en colaboración co servizo de nefroloxía do Hospital Xeral de Ourense, levaron a cabo probas de detección precoz para valorar a saúde renal dos ourensáns
Dia_ril_ourense
A Fundación Renal celebra o Día Mundial do Ril en Ourense
13 Mar 2024

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Ril, a Fundación Renal está a levar a cabo en Ourense unhas xornadas de sensibilización e prevención da enfermidade renal. Para iso instalou carpas na na Rúa do Paseo de Ourense, na que profesionais da Fundación, en colaboración co servizo de nefroloxía do Hospital Xeral de Ourense, levaron a cabo probas de detección precoz para valorar a saúde renal dos ourensáns.

Ao longo da mañá realizáronse probas gratuítas ás persoas que se achegaron á carpa. Estas probas consisten nunha simple picada no dedo, e os resultados coñécense ao momento, ademais os asistentes recibiron consellos de prevención e coidados por parte dos profesionais sanitarios.

En paralelo, ao longo da mañá, levouse a cabo un taller con alumnos de primaria para fomentar a prevención desde a infancia no CEIP As Mercedes de Ourense, aos que se lles presentou a nova edición en galego do proxecto Renata, a miña nefróloga, un libro ilustrado que a Fundación distribúe gratuitamente en colexios e bibliotecas para difundir información sobre a enfermidade renal, sensibilizar sobre a mesma aos rapaces e fomentar a vida sa e a prevención desde a infancia.

A Federación ALCER Galicia e Alcer Ourense colaboran coa Fundación nesta xornada, que ten como obxectivo impulsar a saúde renal e fomentar a prevención dunha enfermidade que alcanza xa ao 15% da poboación en España, para iso instalarán unha mesa informativa na que ofrecerán consellos e asistencia aos cidadáns.

 

0.20126986503601