A Fundación Vicente Risco adiantouse á celebración das Letras Galegas cun acto para homenaxear ás cantareiras

OurenseXa
O grupo de cantareiras da Arca da Noe “As Xingras” puxo a música a este evento no que participaron distintos activistas culturais
acto-letras-gaegas-fundacion-vicente-risco
Acto polas Letras Galegas 2025 na Fundación Vicente Risco
12 May 2025

O sábado 10 de maio a Fundación Vicente Risco celebrou o Día das Letras Galegas na súa sede de Allariz cun acto que estivo presentado por Xosé Manoel Fírvida, tesoureiro da Fundación Vicente Risco, e que contou coa intervención de Noe, da Arca da Noe (Vilar de Santos), Lois Pardo, xestor cultural, e Xulio Pérez Pereiras, activista cultural do Courel e Allariz. O acto rematou coa actuación do grupo de cantareiras da Arca da Noe “As Xingras”.

Ademais, o venres, a Fundación acolleu unha conferencia para poñer en valor a figura de Cruz Risco que estivo dirixida por Xaime Varela. Grazas ao seu traballo, os asistentes puideron coñecer máis sobre Cruz Martínez-Risco (1943-1992), pioneira do cinema galego. No acto participaron ademais Maribel Outeiriño e Xosé Manoel Rodríguez.

⚙ Configurar cookies
0.14537000656128