A Fundación Vicente Risco convoca o XI Premio Antón Risco de novela curta

A Fundación Vicente Risco convoca o XI Premio Antón Risco de novela curta, un certame que busca render homenaxe ao escritor e teórico da literatura alaricana Antón Martínez-Risco Fernández, e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense e da Pastelería Fina Rei.
Este premio, que quere continuar a labor de difusión da creación literaria orixinal do autor, con especial énfase no xénero fantástico, está aberto a todas as persoas interesadas en participar cunha novela curta escrita en galego ou portugués.
O prazo para presentar os traballos, que deberán ser orixinais, está aberto ata o 15 de febreiro de 2026.