A Fundación Vicente Risco inaugurará este venres unha nova exposición

OurenseXa
Trátase de “Lobeira”, unha mostra que combina os debuxos realizados por Xurxo Lourenzo coas fotografías que anos despois fixo Mark Ritchie baseadas neles
expo-lobeira-fundacion-vicente-risco
10 Feb 2026

A Fundación Vicente Risco inaugurará o vindeiro venres 13 de febreiro, ás 20:00 horas na súa sede de Allariz, a exposición “Lobeira”.

Trátase dunha mostra que parte dos fondos da Fundación e combina os debuxos realizados por Xurxo Lourenzo coas fotografías que anos despois fixo Mark Ritchie dos mesmos elementos e paisaxes representados nos debuxos, creando un interesante xogo entre pasado e presente, establecendo un diálogo especial ente ambos artistas.

Ao remate da inauguración, celebrarase un pequeno encontro con petiscos para oos asistentes. A exposición estará aberta ao público na Fundación Vicente Risco ata oo 5 de abril.

0.12189602851868