A Fundación Vicente Risco organiza un concerto do Seminario Permanente Officina Utricularii en Allariz

A Fundación Vicente Risco organiza un concerto coas alumnas do Seminario Permanente Officina Utricularii o sábado 24 de maio, ás 20:00 horas, na Torre Lombarda, situada na rúa Alfredo Nan, en Allariz. A entrada será de balde.
Officina Utricularii é un proxecto artístico e educativo impulsado por Paulo P. co apoio da Fundación Vicente Risco. O seu obxectivo é consolidar un espazo de ensino e estudo da gaita en Galicia desde unha perspectiva vangardista. O proxecto busca fomentar unha formación integral para as persoas gaiteiras, abrangue aspectos técnicos, interpretativos e histórico-estilísticos, así como promover o intercambio de coñecementos e a convivencia arredor deste instrumento.