A Fundación Vicente Risco rendeu homenaxe ao legado de Risco e Castelao nunhas xornadas en Allariz

A sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, foi o escenario este sábado das xornadas ‘Vicente Risco e Daniel Castelao: Galiza como proxecto vital’, unha actividade centrada na análise do pensamento político, cultural e artístico destas figuras fundamentais da cultura galega.
O evento arrancou cunha mesa redonda dedicada á conformación do pensamento político, coa participación de Carlos Meixome, Serxio María e Xosé Fernández, moderados por Luís Martínez-Risco, e continuou cunha segunda mesa centrada na cultura galega e portuguesa. Nela intervirán Pilar García Negro, Aurelia Balseiro, Manuel Gago e Paulo Samuel, baixo a moderación de Xosé Manoel Fírvida. A sesión continuará pola tarde, logo do xantar.
Pola tarde, o evento seguiu cunha terceira mesa, dedicada á estética e á creación, con relatorios de Isabel Risco, Olivia Rodríguez, Carlos Bernárdez e Isabel Mociño, moderados por Antonio Blanco, seguida da presentación do libro ‘Renascença Portuguesa e Geração Nós’, de Paulo Samuel, nun acto conducido por Luís Risco. Por último, a xornada pechouse coa presentación da banda deseñada ‘A Tese de Margot’, de Óscar Losada Castro (guión) e Alba Ceide (ilustración), presentada por Xico Paradelo.