A Furgoteca achegase este sábado a Quintela de Leirado

A Furgoteca pasará este mes de decembro polo concello de Quintela de Leirado, cunha dobre cita os días 13 e 22.
O percorrido do mes bota andar este sábado na Praza do Concello, ás 10:00 horas, e continuará polas paroquias de Reguengo, Souto, Quintela e Xacebáns.
O día 22, a Furgoteca volverá para percorrer Mociños, Quintela, Leirado, Xacebáns e Souto, entre as 10:15 e as 16:45 horas.