A Furgoteca levará a Padrenda un obradoiro de “poemas aromáticos”

OurenseXa
A experiencia busca fomentar a creación literaria a través do uso de materiais naturais
A Furgoteca
20 Mar 2026

O programa de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, A Furgoteca, organizará este 21 de marzo un obradoiro de “poemas aromáticos” no concello de Padrenda. A actividade celebrarase no Centro Social de Monterredondo, en horario de 12:00 a 13:00 horas, e está aberta a todo tipo de públicos.

A experiencia busca fomentar a creación literaria a través do uso de materiais naturais para inspirar, ilustrar ou dar forma aos poemas, creando composicións visuais e sonoras.

0.13529706001282