A Furgoteca pasará este venres por Verea

OurenseXa
O percorrido abranguerá os lugares de Bangueses, Cexo, Castro, Cardeo e a Casa da Cultura de Verea
A Furgoteca
18 Mar 2026

O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, coñecido como A Furgoteca, regresa por segunda vez este mes de marzo ao Concello de Verea co obxectivo de achegar a lectura á veciñanza do rural.

O percorrido terá lugar este venres, 20 de marzo, partindo dende Bangueses, onde estará entre as 10:00 e as 10:15 horas na entrada e ata as 11:00 na Casa Comunitaria. O percorrido continuará no Centro Social de Cexo (de 11:15 a 11:30), o lavadoiro de Castro (de 11:40 a 12:00), a parada de autobuses de Cardeo (de 12:20 a 13:00) e, por último, parará na Casa da Cultura de Verea, onde estará de 15:00 a 17.00 horas.

0.12398409843445