A Furgoteca regresa a Verea con dúas rutas e paradas en varios núcleos do concello

OurenseXa
A biblioteca móbil da Xunta visitará o municipio os días 8 e 23 de xaneiro con horarios pechados en lugares como a Casa da Cultura, Bangueses, Cexo ou San Martiño
A Furgoteca
7 Jan 2026

Verea recibirá nas vindeiras semanas unha nova visita da Furgoteca (o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia), que chegará ao concello con dúas xornadas de paradas programadas ao longo de xaneiro.

A primeira quenda será o 8 de xaneiro, coa ruta que comezará ás 10.00 h. na Casa da Cultura de Verea (explanada) e continuará por puntos como Casa Niño, Casa do Maior, Carballo (centro de saúde), Portela (praza), Sabucedo (centro social) e rematará en San Martiño (praza da igrexa) ás 17.00 h.

A segunda visita está prevista para o 23 de xaneiro, con paradas en Bangueses (entrada ao pobo e casa comunitaria), Cexo (centro social), Castro (lavadoiro), Cardoeiro (parada de autobús) e peche de ruta na Casa da Cultura de Verea, ata as 17.00 h.

Para máis información, a organización facilita o teléfono 629 757 961 e o correo afurgotecaoccidental.ourense@xunta.gal.

⚙ Configurar cookies
0.082876920700073