A Furgoteca regresará a Quintela de Leirado os días 11 e 23 de marzo

A Furgoteca fará parada en Quintela de Leirado (Ourense) durante o mes de marzo, seguindo dous itinerarios distintos. O primeiro será o 11 de marzo comezará ás 10:00 horas na praza do Concello. A continuación, desprazarase a Quintela, no Campo da Festa, onde estará entre as 11:40 e as 12:20 horas, seguirá cara a Reguengo, na marquesiña, ás 12:35 horas, e rematará en Souto, fronte á igrexa, entre as 13:20 e as 14:00 horas.
O segundo percorrido terá lugar o día 23 e comezará ás 10:00 horas en Mociños, fronte á igrexa. A continuación, desprazarase a Xacebáns, tamén fronte á igrexa, ás 10:50 horas; seguirá cara a Leirado, no edificio multiusos, onde estará entre as 11:30 e as 13:00 horas. Xa pola tarde, continuará en Souto, fronte á igrexa, ás 15:00 horas, e desprazarase a Val, na estrada, ás 15:30 horas, rematando o percorrido en Quintela, no Campo da Festa, entre as 15:55 e as 16:45 horas.