A Furgoteca volverá a Quintela de Leirado este sábado

Fará parada en Mociños, Xacebáns, Leirado, Quintela e o Souto
A Furgoteca
27 Feb 2026

A Furgoteca fará parada este sábado, 28 de febreiro, en Quintela de Leirado. Será a segunda visita da biblioteca móbil da Xunta de Galicia a este concello durante o mes de febreiro.

O percorrido comezará ás 10:00 horas fronte á igrexa de Mociños. A continuación, desprazarase a Xacebáns, onde estará ás 10:50 horas, tamén fronte á igrexa; seguirá cara a Leirado, ás 11:30 horas, cunha parada diante do edificio multiusos; e continuará en Quintela, ás 12:30 horas, no Campo da Feira. A ruta rematará no Souto, onde prestará servizo entre as 13:15 e as 14:00 horas.

0.12264919281006