A galería Marisa Marimón inaugura a exposición 'De novelas antigas, libros e outras historias'
A galería de arte Marisa Marimón inaugura este venres a exposición 'De novelas antigas, libros e outras historia', que poderá visitarse ata o 27 de xullo. A mostra reúne o traballo realizado por catro artistas: Jorge Julve, Jonathan Notario, Luis Pérez Calvo e Juan Manuel Rodríguez.
Estos artistas, utilizando papel ou cartón como soporte, narran diferentes historias a través das súas obras cunha pequena selección de obras de cada un deles que nos achegan ao seu universo particular.
Sobre a exposición
Jorge Julve, móstranos o mundo que viviu durante o seu confinamento en soidade, co único contacto co exterior a través do móbil. Nos seus papeis reflicte imaxes de corpos rostros, nun momento no que non se podía interactuar fisicamente, o corpo converteuse en imaxe e o móbil era unha proxección de nós mesmos.
Jonathan Notario, preséntanos unha serie de obras nas que, partindo de recortes de textos de novelas antigas, títulos de películas etc., que lle serviron de inspiración para pintar, recrea ese mundo entre ficción e realidade que tan ben sabe manexar para poder atrapar a nosa atención e interactuar co espectador.
No caso de Pérez Calvo identificamos plenamente nos seus debuxos, moitas veces combinados con colaxes, os seus referentes cinematográficos, musicais e de cómics que nos achegan aos tempos e ás historias que nos quere narrar e Juan Manuel Rodríguez, vai atrapar cunha figuración realista que requiren certa reflexión, facendo que o espectador se cuestione o que ve e a partir de aí poida xerar a súa propia historia. Non sendo o importante o que vemos na obra, se non o que é capaz de facernos crer.