A I edición do Entroido de verán de Frei Canedo celebrarase o 15 de xuño

OurenseXa
O sábado, 15 de xuño, o barrio de ourensán de A Ponte acollerá a primeira edición de Entroido de Verán da Asociación Frei Canedo
Cartel-frei-canedo-entroido-de-veran
Entroido de verán de Frei Canedo
26 Maio 2024
A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte organizará, o sábado 15 de xuño, no campo da feira, a I edición do Entroido de verán no barrio da Ponte.
O programa está confeccionado para todas idades, con diversas actividades que desenvolveranse entre as 12.00 horas da mañá e non rematarán ata ben entrada a madrugada, sobre as 04.00 horas.
Programa do Entroido de verán
  • Sesión vermú con actuación musical.
  • Xantar popular
  • Inchables e xogos con monitores titulados para os máis pequenosFesta da escuma.Xincana para adultos
  • Gran baile de disfraces.Concurso de disfraces
  • Pasarrúas varios con Frei Canedo polas rúas da Ponte
  • Festa DJ
Ademais, taberá servizo de bar xestionado pola cofradía e tamén contará coa presencia de foodtrucks.
0.081990003585815