A I Mostra de Gando Vacún Equino de Xunqueira de Espadanedo foi todo un éxito

A asociación agrogandeira A Espadana coa cooperación do Concello, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, organizou este sábado a I Mostra de Gando Vacún Equino de Xunqueira de Espadanedo, cun gran éxito entre os asistentes e participantes.
O presidente provincial, Luis Menor, participou na entrega de premios, nde puxo en valor o sector primario na provincia de Ourense e, en particular, aos gandeiros que seguen apostando por esta actividade crucial para a economía ourensá e galega e sinalou que “hoxe é un día para honrar a nosas letras e o noso rural en Galicia”. Ademais, fíxolle entrega dun dos premios ao gandeiro Argimiro Gil, en recoñecemento á súa traxectoria de traballo no sector e de axuda aos demáis.
O Campo de Fútbol de Xunqueira de Espadanedo acolleu as actividades, que incluíron sorteos, música, exposición de maquinaria e apeiros e un concurso de levantamento de alpacas.
Os organizadores amosaron o seu desexo de continuidade en próximas edicións, co obxectivo de recuperar o espírito das feiras de gando que se facían hai 60 anos na comarca.