A III Irmandade de Entroidos de Armaríz queda aprazada ata o 2 de marzo

O cita tiña previsto celebrarse este sábado 24 de febreiro, pero queda aprazada por motivos meteorolóxicos
entroidos_nogueira_de_ramuin
Concello de Nogueira de Ramuín
22 Feb 2024

A III Irmandade de Entroidos de Armariz, que tiña previsto celebrarse este sábado 24 de febreiro, queda aprazada ata o vindeiro 2 de marzo por motivos meteorolóxicos, tal e como informa o Concello de Nogueira de Ramuín a través das súas redes sociais.

O folión entroideiro contará con varias representacións do Entroido ourensán, como Farrumecos de Sobradelo (Xunqueira de Ambia) e entroido Ribeirao (Chantada). Traxes e máscaras encherán de cor e son as rúas do lugar, pondo fin a este ciclo festivo no concello de Nogueira de Ramuín.

0.19260120391846