A iniciativa "Coidemos o noso barrio" cumpre 9 anos
OurenseXa
Maiores e cativos reunironse no día de onte para participar na actividade "Coidemos o noso barrio" impulsada pola Asociación Veciñal As Termas
Membros da Asociación Veciñal As Termas
22 Mar 2024
A Asociación Veciñal As Termas levou a cabo no día de onte a iniciativa "Coidemos o noso barrio", onde maiores e cativos reunironse no día de onte para participar na actividade "Coidemos o noso barrio", que cumpre xa 9 anos.
Os obxectivos desta iniciativa foron de mellorar ambientalmente o noso entorno, unha barrio de vivendas sociais rodeados por una estrada nacional con un trafico intenso onde non son moitos os espazos verde. Un momento do acto que se aproveita para reivindicar a necesidade de maís e mellores espazos verdes. Por outra parte unir a cativos e maiores nunha actividade interxeracional que reforce ese lazo de comunidade e cooperación no barrio. Por último tentar concienciar a todos de coidar os espazos públicos do noso redor, como se fora a nosa casa, mellorando como espazos de convivencia común.
A actividade coincidiu coa celebración en marzo do día internacional dos bosques e das árbores.
A iniciativa é posible grazas á colaboración de Cruz Vermella Xuventude, a Ludoteca do Civico de As Termas e o Concello que aporta as árbores.
Estas plantacións que comezamos en 2015 sumará coas árbores plantadas hoxe un total de 25 árbores plantadas no noso entorno, que quizas sen esta iniciativa non estarían no barrio.