A ITV móbil de vehículos agrícolas estará en Allariz do 23 ao 28 de xaneiro

OurenseXa
Atenderá en horario de mañá e de tarde
tractor-itv-agricola
19 Jan 2026

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao Concello de Allariz para ofrecer os seus servizos entre o 23 e o 28 de xaneiro de 2026. A unidade estará situada no Campo de Fútbol de Allariz.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde, agás o 23 de xaneiro, que só se atenderá en horario de mañá.

Para utilizar o servizo, é necesario solicitar cita previa, que se pode xestionar por teléfono chamando ao 981 92 80 80 ou a través da páxina web www.sycitv.com
.

⚙ Configurar cookies
0.079485893249512