A ITV móbil para vehículos agrícolas regresará a Coles os días 18 e 19 de setembro

OurenseXa
As revisións faranse en Albán, xunto ao polideportivo, con cita previa obrigatoria
tractor-rodada-campo-desbroce
6 Sep 2025

O Concello de Coles informa da próxima visita da unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos destinada ao parque agrícola. As xornadas de revisión desenvolveranse os días 18 e 19 de setembro na localidade de Albán, ao carón do polideportivo municipal.

O horario establecido é de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás o día 19, cando a atención se limitará só á quenda de mañá.

As persoas interesadas deberán solicitar cita previa a través do número de teléfono 981 928 080 ou na páxina web oficial www.sycitv.com.

⚙ Configurar cookies
0.16482400894165