A IV Andaina Popular Concello de Amoeiro foi todo un éxito

Amoeiro acolleu o pasado 21 de decembro unha nova edición da Andaina Popular Concello de Amoeiro, organizada polo Concello e a Asociación Os Bieletas.
A proba desenvolveuse íntegramente nos paraxes do concello de Amoeiro, dando a coñecer a riqueza cultural e paisaxística do municipio, e contou cun gran éxito de participación nesta cuarta edición. Trátase dunha actividade de carácter non competitivo que percorreu distintos paraxes do municipio co obxectivo de poñer en valor a súa riqueza cultural e paisaxística.
Ademais, para facilitar a participación, a proba ofertou dúas opcións de percorrido: unha de 14 quilómetros e outra de 20,2.
A cita tivo un carácter solidario, xa que durante a proba se recolleron alimentos non perecedeiros destinados ao Banco de Alimentos de Ourense.