A IV Foliada de Barbadás foi todo un éxito

OurenseXa
As rúas da Valenzá enchéronse de música e baile tradicional
foliada-mourean-barbadas
Foliada Moureán, Barbadás
25 May 2025

As rúas da Valenzá enchéronse de música e baile tradicional este sábado, 24 de maio, coa celebración da IV Foliada de Barbadás, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Asociación Moureán.

O evento arrancou ao mediodía cun pasarrúas polas principais vías da Valenzá, protagonizado polas agrupacións locais Nova Fronteira e a Banda de Música Cultural de Barbadás. A partir das 13:00 horas, a sesión vermú animada por bandas tradicionais congregou a numeroso público ata as 14:30 horas, momento no que deu comezo a comida popular, onde o porco ao espeto foi o prato estrela.

Pola tarde, tivo lugar un obradoiro de danzas do mundo a cargo de Dantzari, seguido das actuacións dos grupos Velai Vai, Cantares da Cunha, Escola Tradicional Nova Fronteira, Picafoles, Vagalumes e as Pandereteiras de Seixalbo, que fixeron vibrar ao público desde as 17:30 horas.

A xornada pechouse co concerto de Fiandola, seguido dunha foliada aberta á participación de todos os asistentes, que puxo o broche de ouro a unha celebración marcada pola alta participación e o bo ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.16112279891968