A liña do Miño entre Ourense e Vigo permanecerá cortada ata o 27 de febreiro
OurenseXa
Os cortes comenzarán hoxe ás 23.00 horas e extenderanse ata 06:00 horas do martes 27 de febreiro
Estación de tren Ourense
23 Feb 2024
Con motivo das obras que Adif realizará entre as estacións de Redondela, As Gándaras, Guillarei e Tui, a liña que discorre polo Miño entre Ourense e Vigo permanecerá cortada ata o vindeiro 27 de febreiro. Renfe informa de que porá a disposición dos viaxeiros un servizo alternativo de transporte por estrada, ao igual que o ven facendo coa liña que une Ourense e Lugo.
Os servizos modificados que afectan aos viaxeiros con destino ou orixe en Ourense son os seguintes:
- RE 12623 Ourense (10:05h) – Vigo Guixar (12:05h): Transbordo por estrada entre Guillarei e Vigo G. do 24 ao 26 de febreiro.
- E 12608 Vigo (14:10h) – Ponferrada (19:25h): Transbordo por carretera entre Vigo G. y Guillarei del 24 al 26 de febrero.
- RE 12477 Ourense (21:44h) – Vigo Guixar (23:35h): Transbordo por estrada entre Ourense e Vigo G. do 24 ao 26 de febreiro.
- RE 12474 Vigo Guixar (7:20h) – Ourense (8:49h): Transbordo por estrada entre Vigo G. e Ourense do 25 ao 27 de febreiro.
Os cortes afectarán á liña Guillarei-Tui dende as 23:00 horas deste venres 23 de febreiro ata as 06:00 horas do luns 26 de febreiro, menners que a liña Redondela-As Gándaras verase afectada dende as 23:30 horas do venres 23 de febreiro ata as 06:00 horas do martes 27 de febreiro.