A ludoteca móbil chega este venres a Celanova

OurenseXa
Haberá inchables, unha zona interactiva, unha festa da espuma e diferentes xogos e actividades de lecer
Ludoteca
1 Ago 2024

A ludoteca móbil ofertada pola Deputación de Ourense estará este venres, 2 de agosto na explanada do pavillón das Triguerizas dende ás 10:30 horas da mañá.

A xornada, enfocada á rapazada da vila, contará con  inchables, unha zona interactiva, unha festa da espuma con 'polvos holi' e diferentes xogos e actividades de lecer. Haberá dúas modalidades (maxi ou mini) segundo as idades dos nenos e nenas participantes.

0.19290900230408