A Merca acollerá unha sesión formativa para aprender a realizar trámites administrativos online

O programa 'A administración preto de ti', promovido dende o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática do Goberno de España a través do Plan de Colaboración, Transformación e Resilencia e coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), levará ao concello da Merca unha sesión formativa sobre trámites administrativos online.
A sesión será impartida o 3 de febreiro de 2026 de 10:00 a 14:00 horas e, nela, as persoas participantes aprenderán a obter o certificado dixital e facer os teus trámites online nas distintas administración: INSS, Tráfico, Axencia Tributaria, Sergas, etc.
Para participar será preciso inscribirse previamente no Concello a través da dirección de correo electrónico concello@amerca.gal, ou ben por teléfono, chamando ao 988 260 000.