A Merca celebra a XIV Festa de Exaltación do Porco ao Espeto o 13 de setembro

OurenseXa
A Asociación A Peneda da Lebre organiza un ano máis esta celebración que mestura gastronomía, música e artesanía
presentacion-festa-exaltacion-porco-ao-espeto
Presentación da XIV Festa de Exaltación do Porco ao Espeto
4 Sep 2025

O pavillón municipal da Merca acollerá o sábado 13 de setembro a XIV Festa de Exaltación do Porco ao Espeto, unha cita gastronómica e cultural organizada pola Asociación A Peneda da Lebre coa colaboración do Concello da Merca, a Deputación de Ourense e o Inorde.

A xornada comezará ás 12:00 horas cunha benvida a cargo do grupo de pandereteiras As Ferreñas e a apertura dun mercado de artesanía. Ás 13:00 horas haberá unha degustación de xamón e, a partir das 14:30 horas, serviranse os menús no pavillón.

O menú inclúe empanada, porco ó espeto, bebidas, café e bica. O prezo é de 25 euros para adultos, gratis para nenos ata 12 anos e 10 euros para os de entre 13 e 16. A xornada contará tamén coas actuacións do grupo As Ferreñas e da DJ Honorata.

As reservas poden realizarse ata o 9 de setembro, con prazas limitadas, recollendo os tickets nos bares da zona ou nos teléfonos 618 989 835, 606 975 783 e 606 908 569.
Esta festa tradicional mantén a súa vinculación coa orixe dos marrelleiros da Merca, combinando gastronomía, música e artesanía.

⚙ Configurar cookies
0.16691994667053