A Merca celebra o Entroido de San Pedro da Mezquita os días 8, 15 e 17 de febreiro

OurenseXa
Esta tradición, con máis de 250 anos de historia, foi recuperada grazas á Asociación Os Galos, fundada en 2014
entroido-os-galos-san-pedro-da-mezquita-a-merca
26 Jan 2026

A parroquia de San Pedro da Mezquita, no concello da Merca, celebra o seu tradicional Entroido do 8 ao 17 de febreiro. Esta festividade, con máis de 250 anos de historia, foi recuperada grazas á Asociación Os Galos, fundada en 2014.

O domingo 8 de febreiro terá lugar o Corredoiro do Galo na Escola de A Mezquita durante toda a tarde.

O domingo 15 de febreiro desenvolveranse actividades de Entroido coa participación dos Galos e pequenos pasarrúas ao longo da mañá. Posteriormente, celebrarase un Xantar Veciñal con aforo limitado a 80 persoas, para o que será necesario anotarse antes do 11 de febreiro no bar Patamela. Pola tarde, continuará a festa coa presenza dos Galos, amenizada pola charanga Caliqueños.

Finalmente, o martes 17 de febreiro realizarase outro Entroido con Galos e un pequeno pasarrúas para pechar as celebracións.

⚙ Configurar cookies
0.081162929534912