A Merca celebra un Magosto Popular o vindeiro 7 de novembro

O pavillón municipal de A Mercá acollerá o Magosto Popular o venres 7 de novembro, unha cita pensada para compartir unha noite de gastronomía, música e boa compañía.
O evento comezará ás 20:00 horas e ofrecerá unha selección de produtos tradicionais, entre eles chourizo, costela, castañas, bica, pan, auga e viño, acompañados do ambiente musical do grupo de pandereteiras e gaitas.