A Merca instala unha nova marquesiña na parroquia de Parderrubias

OurenseXa
A actuación súmase ás melloras levadas a cabo no municipio nos últimos meses, entre as que destaca o novo alumeado dos canastros
a-merca-nova-marquesiña
7 Dec 2025

O Concello de A Merca instalou unha nova marquesiña na parroquia de Parderrubias para facilitar o uso do transporte público, unha actuación financiada pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Mobilidade.

Unha actuación de mellora no municipio que se suma á acometida recentementte nos Canastros, situados no Camiño da Feira e onde, grazas a unha subvención da Consellería de Turismo e Cultura, instalouse un novo sistema de alumeado que mellora a iluminación e realza a beleza deste conxunto patrimonial, que é o segundo máis grande de Galicia e un dos máis importantes a nivel europeo.

⚙ Configurar cookies
0.089842081069946