A Merca presenta a décimo terceira edición da Exaltación do Porco ao Espeto
OurenseXa
O evento terá lugar o sábado, 14 de setembro, no Pavillón Municipal da Merca
6 sep 2024
O Pavillón Municipal da Merca acollerá un ano máis a Festa Exaltación do Porco ao Espeto, que terá lugar o vindeiro sábado, 14 de setembro.
Un evento de carácter gastronómico que cumpre este ano trece edicións e que estará amenizado pola música do grupo de folk Arroutada.
A xornada arrancará 12.00 horas coa apertura do mercado de artesanía e continuará cunha degustación de xamón a partir das 13.00 horas.
O xantar popular dará comezo ás 14.30 horas cun menú no que, como non podería ser de outra maneira, o porco ao espeto será o gran protagonista.
Posteriormente, haberá unha foliada libre e, para finalizar a xornada, haberá unha actuación de DJ Honorata.