A MITEU 2024 baixa o pano con máis de 4.500 asistentes

OurenseXa
Desde a organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense agradecen a confianza do público, que achegouse ás 200 persoas por función
MITEU 2024
13 May 2024

A décimo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense pechou a súa décimo novena edición con máis de 4.500 espectadores e espectadoras e unha media de 200 asistentes por función.

Ao longo de case un mes, os asistentes pudieron gozar de máis dunha vintena de espectáculos teatrais, nos que tamén estivo moi presente a música.

O encargado de baixar o pano desta edición foi o grupo de Teatro Universitario do campus de Ourense 'Maricastaña', que conseguir encher o Teatro Principal de Ourense coa súa peza 'Desequilibrios'. Ademais, no acto de clausura entregouse o premio da MITEU 2024 ao Cineclube Padre Feijoo, grazas á importante labor cultural que desenvolve na cidade.

Na mostra participaron 14 grupos de teatro universitario e de 9 grupos convidados de teatro profesional procedentes de España, Portugal, Colombia e, por primeira vez na historia desta mostra, Mozambique.

Desde a organización agradecen a confianza que, un ano máis, o público ourensán depositou nesta cita, unha das máis importantes a nivel cultural de toda a provincia.

0.13903713226318