A MITEU 2024 pon o peche final a súa vixésimo novena edición

OurenseXa
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense remata este xoves coa representación da peza 'Desequilibrios' e a entrega do premio MITEU 2024 ao Cineclube Padre Feijoo
miteu-2024-desequilibrios
'Desequilibrios', Aula de Teatro Universitario de Ourense "Maricastaña"
9 Maio 2024
Este xoves, 9 de maio, clausúrase a vixésimo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU 2024). A edición deste ano contou cun total de 23 espectáculos de grupos de distintos países, como Mozambique, que participaba por primeira vez nesta mostra, Colombia, Portugal e, por suposto, España.
A clausura da MITEU 2024 terá lugar ás 20.00 horas no Teatro Principal de Ourense coa representación de 'Desequilibros' a cargo da Aula de Teatro do Campus de Ourense Maricastaña. A peza foi recentemente galardoada co premio do público no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal).
Ademáis, o peche desta edición contará tamén cun espectáculo musical e entregarase o premio da MITEU 2024, que nesta ocasión será para o Cine Clube Padre Feijoo polo seu “labor fundamental a prol da cultura desta cidade”.
0.18631100654602