A Miteu 2024 trae a Ourense a función "(Des)de los escombros"
O Teatro Principal de Ourense acolle este martes, 16 de abril, a obra teatral "(Des)de los escombros", do Grupo de Teatro UPNA. O espectáculo enmárcase dentro da 29ª Mostra de Teatro Universitario de Ourense, que está a desenvolverse actualmente na capital de As Burgas e que acollerá a máis dunha vintena de espectáculos teatrais ata o vindeiro 9 de maio.
Sinopse
"(Des)de los escombros" é unha obra, onde se cruzan comedia e drama, sobre mocidade e precariedade; sobre a (im)posibilidade de pensar un futuro; sobre as ilusións; sobre o conto da leiteira. Fragmentos de historias, de cántaros rotos en distintos lugares e tempos. Esperanzas e medos diante dunha sociedade de contradicións e incertidumes: a nenez, a mocidade, a madurez unidas entre o pasado, o presente. ...E o futuro?