A MITEU 2024 trae a Ourense a función "Sangre Carbón"

OurenseXa
A función será este sábado, 20 de abril, no Teatro Principal de Ourense
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
17 Abr 2024

Dende o pasado 11 de abril, a capital de As Burgas está a acoller a vixésmo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU 2024), que conta con máis de 20 espectáculos de teatro, música e danza e que se celebrará ata o 9 de maio.

Dentro da súa programación, este sábado 20 o Teatro Principal de Ourense será escenario da función "Sangre Carbón", unha obra da compañía Teatro El Mayal (León), escrita por Lola Fernández de Sevilla e dirixida por Javier R. de la Varga.

As entradas para estos espectáculos poden recollerse dende o día anterior no Teatro Principal.

Sinopse

Sangre carbón é o berro dunha terra arrasada polos homes. Marusina chora polo seu irmán Mario, morto na mina; Mara trata de convencela de que ambas están vivas e deben esquecer. Como toda traxedia, esta é a historia dunha transgresión: a que comete Mara, a súa protagonista, para salvar a vida da súa irmá Marusina. É unha viaxe ao interior da terra e tamén ao fondo de si mesma, unicamente por amor.

0.20379900932312