A MITEU 2025 encara a súa segunda semana con sete propostas teatrais

OurenseXa
O programa arranca este mesmo luns coa compañía Grahødjæns (Dinamarca), que presentará a súa obra sen título no Teatro Principal
piscore-teatro
28 Apr 2025

A MITEU 2025 encara xa a súa segunda enchendo de teatro e danza as rúas da cidade. Nesta edición, que supón o 30 aniversario da Mostra Internacional de Teatro de Ourense, participan 200 persoas, 13 grupos universitarios e seis compañías de teatro profesional procedentes de países como México, Portugal, Dinamarca, Guinea Ecuatorial e Gambia, ademais de España.

Para esta semana, a MITU ten programados sete espectáculos, o primeiro deles este mesmo luns ás 20.00 horas. A compañía Grahødjæns (Dinamarca) presentará a súa obra sen título no Teatro Principal de Ourense. O martes 29 de abril, ás 20.00 horas, o Aula de Teatro de Pontevedra (Galicia) presenta ‘Saxo tenor’ no Teatro Principal de Ourense, e ás 22.15 horas, a compañía Porta da Cadea (Galicia) presenta ‘Tan lonxe, tan preto’ no Liceo. O mércores 30 de abril, ás 20.00 horas, a compañía Aula da USC de Santiago (Galicia) presenta ‘Agamenón, volvín ao supermercado e deille unha malleira ao meu fillo’ no Teatro Principal de Ourense, e ás 21.30 horas, o Aula de Teatro de Vigo (Galicia) presenta ‘Divinas palabras’ no Liceo.

O xoves 1 de maio, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro UPNA (Navarra) presenta ‘¿Onde vas, inocencia?’ no Teatro Principal de Ourense, e ás 23.00 horas, o Teatro El Mayal de León (ULE) (Castilla - León) presenta ‘Danza de la vida breve’ no Liceo. O venres 2 de maio, ás 20.00 horas, a compañía Teatr’UBI de Covilhã (Portugal) presenta ‘Ficcións de interludio’ no Teatro Principal de Ourense.

O domingo 4 de maio, ás 19.00 horas, a compañía Psícore (Galicia) presenta ‘Concerto singular’ na Praza de San Martiño. O luns 5 de maio, ás 20.00 horas, o Aula de Teatro da UBU de Burgos (Castilla - León) presenta ‘Proyecto Laramie’ no Teatro Principal de Ourense. O martes 6 de maio, ás 20.00 horas, a compañía Carla Novi de México presenta ‘Luchadoras’ no Teatro Principal de Ourense. O mércores 7 de maio, ás 20.00 horas, o Aula de Teatro da Coruña (Galicia) presenta ‘Cartografías sen norte’ no Teatro Principal de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.15922689437866