A mostra 'Arte na rúa: Outros Mundos' poderá visitarse en Ourense
OurenseXa
A mostra poderá visitarse a partir do mércores, 11 de setembro
9 sep 2024
A Praza Bispo Cesáreo acollerá a exposición aberta 'Arte na rúa: Outros Mundos' a partir do mércores, 11 de setembro e ata o 18 de outubro.
A mostra reúne corenta iompactantes imaxes dos planetas do noso sistema solar captadas polas sondas da NASA e a ESA, e seleccionadas e tratadas polo fotógrafo Michael Benson. Un legado visual que non debe ser valorado soamente pola súa importancia científica, senón tamén por ser un capítulo singular na historia da fotografía.
Durante a duración da exposición haberá visitas guiadas para grupos escolares, público xeral e outros colectivos.