A mostra «Berces de vida. De paseo polos bosques de España» poderá visitarse no Centro Cultural Avenida

OurenseXa
A mostra está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación
convenio_berces_A_rua
Sinatura do convenio entre Afundación e o Concello de A Rúa
27 Feb 2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o Concello da Rúa e ABANCA rubricaron hoxe un convenio para amosar «Berces de vida. De paseo polos bosques de España», unha exposición comisariada polo premiado biólogo e divulgador Joaquín Araújo. No acto estiveron María González Albert, alcaldesa da Rúa; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Berces de vida» permanecerá aberta desde o 13 de marzo ata o 14 de abril no Centro Cultural Avenida e poderase visitar de luns a venres de 12.00 a 14.00 horas e sábados, domingos e festivos de 17.00 a 21.00 h.

A exposición, articulada por 26 fotografías cheas de luz, cor e beleza, retrata os diferentes ecosistemas boscosos de todas as comunidades autónomas de España e pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar uns espazos imprescindibles para a vida no noso planeta. Complementadas con textos explicativos de Joaquín Araújo, estas imaxes reflicten o compromiso de todas as entidades participantes neste proxecto coa preservación do medio ambiente.

En palabras do comisario da exposición, «o bosque é o lugar onde a luz se converte en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todos respiremos. Non menos obvio resulta que case todas as civilizacións foron cimentadas sobre bosques. Ata unha parte do petróleo, do gas e todo o carbón que agora nos move era unha selva que tragou a terra hai millóns de anos. O bosque é o seu propio manancial e funda o seu propio clima». E, de feito, como tamén destaca Araújo, a propia palabra «humanidade» procede de «humus», imprescindible para a vida e completa creación do bosque. 

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1974310874939