A mostra “Criptografías” permanecerá aberta por tempo indefinido na Casa dos Poetas

A mostra ‘Criptografías’, de Baldo Ramos y Pepe Cáccamo, poderá verse na Casa dos Poetas de Celanova por tempo indefinido. Así o vén de anunciar a Fundación Curros Enríquez, que explica que previsiblemente a exposición podería estar aberta ata mediados de novembro. A exposición abriu ao público o pasado 8 de agosto e, inicialmente, tiña previsto pechar as portas o 30 de setembro.
A mostra é resultado do traballo colaborativo entre Baldo Ramos e Pepe Cáccamo, que levan máis de dez anos traballando xuntos no campo da poesía discursiva e da poesía visual. Hai 13 anos, foi precisamente Celso Emilio quen os reuniu no cemiterio de San Breixo para a filmación dun documental co motivo do centenario do seu nacemento.