A mostra “Marzo todo o ano” regresa á Sala Valente para amosar o talento das artistas ourensás

OurenseXa
25 artistas plásticas da provincia expoñen as súas obras ata finais de maio nesta mostra conxunta
exposicion-marzo-todo-o-ano
18 Mar 2026

A Sala Valente acolle a segunda edición da exposición “Marzo todo o ano”, unha proposta incluída na programación de actividades conmemorativas do 8M, Día Internacional da Muller 2026. A mostra reúne obras de 25 artistas plásticas da provincia, nun proxecto que conta coa colaboración da comisaria e consultora de arte Olga Pastor Alvarado.

A iniciativ, promovida polo Concello de Ourense, a ofrece un percorrido pola creación contemporánea feminina en Ourense a través das obras de Ana Navas López, Cristina Roo, De Padua, Ana Fernández, Carmucha Vázquez, Olga Reinoso, Elena Guevara, Mayte Diz, Ana Ferreiro, Isabell Seidel, Lola Doporto, Tareixa Taboada, Ehlaba Carballo, María Puertas, Sula Repani, Alba Fernández, Gill Bird, Susi Ballester, Laura Paz Somoza, Inma Solleiro, Lola Veiras, M. Manxela, Mª Victoria Berjano Cid, Anxos do Souto e Ofelia Cardo.

Como novidade, a exposición incorpora códigos QR que permiten ao público acceder a información adicional sobre a traxectoria e o traballo de cada artista, facilitando unha experiencia máis completa e interactiva.

A mostra poderá visitarse ata finais do mes de maio neste espazo municipal situado na rúa do Paseo. O horario de apertura será de martes a sábado, en horario de mañá e tarde, e os domingos pola mañá.

0.14374279975891